versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Un santiagués proclámase campión galego de futbolín por segunda vez en tres anos

[16/01/2012]

Case 160 parellas de «matraquinho» xogan en Brión máis de 3.000 partidas en 11 horas de dura contenda. Informático actualmente en paro, un compostelán de 29 anos chamado Gonzalo Pando proclamouse onte, xunto co pontevedrés Celso Viéitez, de 27, campión galego de futbolín na modalidade de movemento. Dotado economicamente con 500 euros por persoa, logrou o citado título por segunda vez en apenas tres anos, pois xa o conseguiu na edición do 2009, celebrada en Rábade (Lugo). Nesta ocasión, a competición tivo lugar dentro do frío pavillón polideportivo municipal de Brión, onde 158 equipos xogaron máis de 3.000 partidas entre si durante 11 horas, desde as dúas da tarde do sábado até a unha da madrugada do domingo, segundo datos do organizador, Guillermo Somoza. Medio centenar deses enfrontamentos libráronos con éxito os ao cabo vencedores.

Pando, concluído o campionato, expresou a súa satisfacción polo resultado alcanzado e explicou: «A isto levo competindo nove ou dez anos; pero xogando, desde que era un chavalín e ía ás salas [de recreativos]». «Realmente -confesou- non gasto unha hora en practicar como tal, nunca. Pero cada un ou dous fins de semana si que vou a pequenos torneos de bar». A gran dificultade do recentemente disputado en Brión radicaba en que se xogou cun novo modelo de matraquinho. «Nunca o probamos, pero adaptámonos bastante ben», dixo o gañador.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion