versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión licita a xestión do servizo de saneamento, que ten 16 bombeos

[03/01/2012]

Oroso pon en marcha o proxecto para dotar de auga a Vilacide de Abaixo e a BerdomásBrión.O Concello de Brión licitou a xestión do servizo público de saneamento para os próximos 20 anos, prorrogables por 4 máis. O prazo de presentación de ofertas é de 15 días.

A empresa concesionaria deberá asumir todos os custos derivados do mantemento, explotación e limpeza das instalacións dunha rede de saneamento que se duplicou na última década e que está formada por seis depuradoras de augas residuais (situadas en Busto de Frades, A Graña, Moldes, Vioxo de Arriba, Vioxo de Abaixo e Ombre), dez fosas sépticas e 16 estacións de bombeo.

Por outra banda, o Concello de Oroso acaba de licitar as obras de abastecemento de auga aos núcleos rurais de Vilacide de Abaixo e Berdomás, así como a instalación da rede de saneamento entre o núcleo de Estación e a EDAR. O orzamento é de 323.268 euros e o prazo de execución é dun ano.

Con esta actuación dotarase de subministración de auga potable a unha trintena de vivendas. Instalaranse máis de dous quilómetros de tubaxes. En canto ao saneamento, separaranse residuais e pluviais e instalaranse dous grupos de bombeo nas zonas máis baixas do núcleo rural para poder derivar as augas residuais até a depuradora, sita a 800 metros.

As obras están financiadas con cargo ao Plan de Cooperación da Deputación da Coruña. O prazo de presentación de ofertas é de 26 días naturais, a contar desde hoxe.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion