versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A Xunta promete o acceso á autovía de Brión desde Os Ánxeles

[03/01/2012]

Confirma un investimento de 1,6 millóns de euros para construír este ramal e outro máis en Pedrouzos. Ambas as infraestruturas tiñan que estar listas en 2010. A variante da PicarañaOs Ánxeles debía estar operativa no ano 2010 para conectar Bastavales coa autovía Santiago-Brión. Pero non se acabou de construír por razóns nunca aclaradas do todo. Con todo, parece que en 2012 a sorte deste tramo vai cambiar e, ao fin, será realidade.

De feito, a Xunta de Galicia confirmou un investimento de 1,6 millóns de euros para acabar esta obra e tamén para facer o tramo da AC-451, en Pedrouzos.

O alcalde local, Xosé Luís García, di que esta notificación da administración autonómica ?é unha moi boa noticia?, pero tamén lembra que a construción destas dúas variantes xa estaba contemplada nun convenio de colaboración asinado polo rexedor de Brión e con Alberto Núñez Feijóo no ano 2005. O hoxe presidente da Xunta era entón conselleiro e a construción da autovía (a AG-56) só estaba a comezar.

Brión cedeu por aquel entón os terreos municipais por onde pasa a autovía e transferiu á Xunta 250.000 euros, pero os ramais non se construíron. Ademais, a Consellería de Política Territorial non licitou as obras até o ano 2008 (por 1,41 millóns de euros). E en 2009 houbo que asinar un anexo a este convenio.

Finalmente, en 2010, cando xa debería estar finalizado todo o traballo, o actual conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, mantivo outra reunión co alcalde.

E hoxe, por fin, as obras da variante AC-300 volven estar en marcha. Hai unhas semanas mesmo se botou a capa de asfalto entre a rotonda da autovía e a estrada de Noia. Queda, con todo, a construción doutra rotonda na intersección coa estrada Santiago-Noia e levantar unha ponte sobre o río Pego.

A AC-300 terá 1,4 quilómetros de lonxitude e permitirá acceder á autovía Santiago-Brión sen ter que pasar nin polo actual cruzamento de Vos Ánxeles nin polo en torno da igrexa do lugar, axilizando así a circulación e mellorando o acceso á autovía a todos os veciños de Bastavales. A estrada terá 8 metros de ancho.

En canto á variante AC-451, será un viario alternativo á estrada de Pedrouzos e a única posibilidade que ten este lugar de medrar, segundo lembra o alcalde brionés. Ademais, esta estrada non só permitirá unha nova conexión coa calzada de Negreira, senón que solucionará os problemas de tráfico que sofre actualmente este tramo da AC-451 e que é imposible de solucionar.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion