versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Os concellos buscan consenso co cartón social do bus metropolitano

[28/12/2011]

Os concellos composteláns integrados no plan de transporte metropolitano de Compostela: Ames, Boqueixón, Brión, Teo, Vedra, Val do Dubra, Oroso, O Pino, Touro e Trazo chegaron a un principio de acordo para coordinar os criterios para aplicar bonificacións e novas tarifas no cartón social do bus metropolitano, un soporte que a Xunta prevé que entre en funcionamento en abril de ano que vén.

O primeiro paso será unha reunión, convocada xa para o próximo 2 de xaneiro na sede Dirección Xeral de Mobilidade para estudar as tarifas que se poden fixar para colectivos especiais como os estudantes e as persoas da terceira idade.

Os concellos xa estableceron meses atrás un principio de acordo, que quedou pechado nunha reunión na sede da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), pero este compromiso non chegou a callar polas dificultades expostas pola Xunta para implantar o sistema tecnolóxico que permitise incluír estes perfís sociais por concellos nos cartóns metropolitanos de cada titular.

Este pacto fixaba, por vez primeira, que os veciños maiores de 65 anos e xubilados abonasen parte do custo do billete, que agora é gratuíto.

Os concellos con maior volume de viaxeiros, como Teo, Brión, Oroso e Ames expuxeron a conveniencia de instaurar este cartón social, xa que o financiamento destes billetes e a dificultade para establece mecanismos de control sobre os mesmos supón un elevado gasto económico nun momento de graves problemas para as arcas dos concellos.

Exista acordo ou non, cada municipio poderá incorporar abonos e exencións de forma individualizada.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion