versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Teo, Brión, Oroso e Ames queren aplicar o cartón social do bus metropolitano

[09/12/2011]

Os alcaldes pediron unha reunión coa Xunta para que o novo sistema de pago entre en vigor no 2012. Co ano a piques de concluír, varios alcaldes da comarca compostelá han solicitado unha reunión coa Dirección Xeral de Mobilidade para analizar a posta en marcha de cambios e novos servizos na rede de transporte metropolitano.

Un das frontes é o que teñen abertos os concellos de Teo e Brión, os únicos da comarca compostelá que promoveron a inclusión de liñas de interese municipal para comunicar os seus núcleos rurais cos principais eixos do transporte metropolitano. En ambos os casos, a Consellería de Medio Ambiente dilatou os prazos a pesar de prometer que estes itinerarios entrarían en funcionamento a mediados deste ano.

Proba deste letargo é que na última reunión do transporte metropolitano, mantida hai un mes, Mobilidade anunciou que convocaría aos concellos con esta demanda para un encontro que a día de hoxe aínda non se celebrou.

Á reclamación das liñas rurais engádese a demanda de que nos cartóns metropolitanos os perfís sociais dos concellos, o que suporía regularizar a situación dos concellos que financian a totalidade do custo de billetes de usuarios da terceira idade, unha gratuidade que desaparecerá co novo sistema.

Neste barco, ademais dos concellos de Brión e Teo, tamén participan concellos como Ames e Oroso. De feito, no despacho de Mobilidade constan solicitudes expresas de varias reunións. Nunha delas participarían os representantes de Teo e Brión para falar das súas liñas rurais e noutro encontro uniríanse os concellos de Ames e Oroso, á parte dos que se queiran sumar para coñecer a previsión da Xunta para implantar o novo servizo, unha circunstancia que os concellos deben ter moi en conta á hora de elaborar os seus orzamentos do 2012.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion