versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Aquaeróbic, fitness, sauna, ximnasio e cursos para todos na piscina de Brión

[04/10/2011]

Xestionada pola firma Aguafit SL, os abonados reciben un agasallo de benvida. O recinto de Pedrouzos conta con sistemas avanzados. Cunha ampla oferta de actividades, que van desde o aquaeróbic até o fitness, sen esquecer os cursos de natación para todas as idades (desde bebés á terceira idade) arrinca o seu primeiro curso a nova piscina cuberta de Brión, que abre as súas portas todos os días da semana, en diferentes horarios, e recibe aos seus abonados cun agasallo de benvida.

Entre os servizos que se atopan nesta instalación, que xestiona a empresa Aquafit, nas instalacións de Pedrouzos podemos atopar a piscina, con medias semiolímpicas (25 metros de longo por 12,5 de ancho); ximnasio, saunas, pádel e equipamento Life Fitness. Hai que resaltar que o sistema de desinfección da auga faise mediante ultravioleta, o que permite unha menor concentración de cloro e un mellor ambiente na instalación.

En canto ás actividades que se ofertan, son fitness, aquaeróbic, actividades acuáticas de iniciación e perfeccionamento, aquasán, cursos para bebés e terceira idade e matronatación, entre outros.

Para participar nos cursos, a matrícula abriuse o pasado mes de setembro. Os prezos dos cursos, con atención personalizada, oscilan entre o dez euros, en iniciación; 15, no nivel de perfeccionamento; 20 para bébelos, ou un custo de seis euros para os escolares.

En materia de tarifas, que veñen establecidas no prego de condicións do concurso de concesión do servizo, hai que indicar que tamén hai bonos individuais e familiares e a prezos moi alcanzables.

As instalacións da piscina cuberta están abertas todos os días da semana. De luns a venres o horario é de 07.30 a 13.00 horas pola mañá, e de 18.00 a 22.00 na tarde-noite. Os sábados, pola súa banda, ábrese ao público de 09.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas. E, finalmente, os domingos e días festivos as instalacións da piscina cuberta só están operativas polas mañás de 09.00 a 14.00 horas.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion