versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O concurso Brionatura ofrecerá, por terceiro ano, o mellor do patrimonio etnográfico

[27/09/2011]

Até o día 28 de outubro pódense mandar os traballos; este ano por e-mail. O Concello de Brión convocou a semana pasada o concurso de fotografía ambiental Brionatura, un certame co que se pretende pór en valor o patrimonio etnográfico do municipio e que na súa terceira edición, e por primeira vez, convida os participantes a mandar os seus traballos por e-mail. Os orixinais poranse presentar até as 15.00 horas do próximo 28 de outubro.

Brionatura é un concurso dirixido a todos os afeccionados á fotografía que sexan maiores de 18 anos e de todas as nacionalidades. Cada participante poderá presentar até un máximo de tres propostas e os únicos requisitos son que as fotos estean tomadas nalgún punto da xeografía de Brión e que versen sobre o seu patrimonio etnográfico.

As fotografías deberán remitirse vía e-mail a: concellodebrion@gmail.com cunha resolución mínima de 1.024 píxeles cara ao lado máis grande. Cada imaxe deberá enviarse nun correo, identificada cun título e un documento word ou PDF no que conste o nome e apelidos do autor, a súa dirección, teléfono, correo electrónico, lugar onde se tomou a foto e tamén unha breve descrición da mesma.

O xurado valorará a orixinalidade, creatividade e técnica fotográfica dos traballos que se presenten e seleccionará 12 fotografías, das que sairán as dúas gañadoras. O primeiro premio é unha cea, noite e almorzo incluído, no Hotel Balneario de Compostela para dúas persoas. O segundo clasificado levaralle unha cea, noite de hotel e xantar no Hotel Casa Rosalía tamén para dúas persoas.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion