versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Santa Minia despídese con devoción e ambiente festivo

[28/09/2011]

Os fieis cumpriron o rito de facer a súa ofrenda ante a Virxe. 35.000 persoas visitaron a carballeira durante os 3 días. Santa Minia non defraudou e volveu deixar claro que non ten parangón e que segue sendo a romaría que máis fieis atrae, 35.000 durante o tres días que durou a romaría, segundo os cálculos feitos públicos polo Concello de Brión. Onte, día grande da Virxe, un dez mil acodes pasaron pola carballeira para participar tanto nos actos relixiosos como nos festivos que puñan o broche á festa.

O coordinador das Festas de Santa Minia, Alberto Álvarez, mostraba a súa satisfacción polas cifras alcanzadas, tanto onte, día propio de Santa Minia, como o luns, onde miles de persoas gozaron da sesión de fogos artificiais e da verbena. A ausencia de grandes incidentes foi a tónica e o dispositivo de seguridade funcionou "á perfección".
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion