versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Ata 5.000 coches disporán de sitio en Santa Minia

[23/09/2011]

O concello de Brión alerta contra a «picaresca» de cobrar por aparcar. Da charanga e a pandereita á habilitación de dez zonas de aparcadoiro con dispoñibilidade para 5.000 automóbiles en Brión. Para a tradicional romaría de Santa Minia, que se celebra na carballeira co mesmo nome, ademais das prazas de estacionamento gratuítas, o Concello mobilizará un dispositivo especial composto por máis dunha vintena de axentes, entre membros de Protección Civil e Policía Local, que se encargarán de atender aos miles de romeiros que se esperan para o festexo.

Así mesmo, a Administración municipal espera que non se repita a «picaresca» de anos anteriores nos que fixeron pagar aos romeiros pola utilización de aparcadoiros nos que non tiñan que abonar cota algunha. Os autobuses terán que facer transbordo no Centro Social polivalente, pois a avenida de Santa Minia estará cortada á circulación de vehículos do domingo ao martes, debido aos máis de 200 postos de venda que ocuparán ambos os lados da avenida. Para facilitar o tránsito cara ás súas casas, o Concello repartiu entre os veciños unha serie de pases.

Por outra banda, o programa combinará actividades máis tradicionais cos espectáculos.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion