versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brionatura, un concurso que busca pór en valor o patrimonio etnográfico

[21/09/2011]

A convocatoria de 2011 inclúe, por primeira vez, mandar as fotos por e-mail. O Concello de Brión acaba de convocar do concurso de fotografía ambiental Brionatura, un certame co que se pretende pór en valor o patrimonio etnográfico do municipio e que na súa terceira edición, e por primeira vez, permite que os participantes manden os seus traballos por e-mail. Os orixinais poranse presentar até as 15.00 horas do 28 de outubro.

Brionatura é un concurso dirixido a todos os afeccionados ao mundo da fotografía dirixido a maiores de 18 anos, de todas as nacionalidades. Cada participante poderá presentar até un máximo de tres propostas e os únicos requisitos son que as fotografías estean tomadas nalgún punto da xeografía de Brión e que versen sobre o patrimonio etnográfico do municipio.

As fotografías a concurso remitiranse vía e-mail a: concellodebrion@gmail.com cunha resolución mínima de 1.024 píxeles cara ao lado máis grande. Cada imaxe deberá enviarse nun e-mail, identificada cun título e un documento word ou PDF no que conste o nome e apelidos do autor, a súa dirección, teléfono, correo electrónico, lugar onde se tomou a foto e tamén unha breve descrición da mesma.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion