versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Unha ruta con 200 xinetes abre hoxe a Festa do Cabalo de Brión

[17/09/2011]

A Festa do Cabalo de Brión, que se celebrará hoxe e mañá, estreará as súas actividades cunha ruta cabalar polos montes de Rañalonga, na que se prevé a asistencia de preto de 200 xinetes procedentes dos distintos municipios da comarca. A Asociación Festa do Cabalo de Brión, organizadora do acontecemento, móstrase esperanzada en repetir a exitosa concorrencia de público do pasado ano, cifrada en 7.000 persoas.

Con ese obxectivo habilitaron diversas áreas de aparcadoiro e sinalizaron os camiños de chegada ao escenario festivo. A pesar das distintas pistas de entrada, Manuel Fernández, un dos responsables da organización, aconsella a entrada pola saída da autovía de Brión ou pola rotonda de Vos Ánxeles, posto que aí está todo sinalizado e é máis fácil chegar.

A festa comezará ás 16.00 horas coa saída dos 200 xinetes para facer a ruta cabalar seguindo as beiras do río Tambre. O percorrido durará un tres horas. A novidade o domingo será a actuación dun hipnotizador de cabalos, Chico Ramírez.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion