versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A Xunta aproba dous millóns en axudas para chan residencial

[09/09/2011]

Permitirán urbanizar chan para 800 vivendas en Santiago e Brión. O Consello da Xunta aprobou onte a concesión de catro subvenciones, por un montante global que se aproxima aos dous millóns de euros, a promotores de áreas de urbanización prioritarias de chan residencial destinado á construción de vivendas protexidas de promoción privada, entre as que están tres de Santiago e Brión, ademais dunha en Ourense. A medida adóptase no marco do Plan de Vivenda 2009-2012 e o importe das axudas autorizadas na última sesión do Goberno galego cífrase exactamente en 1.914.100 euros, que permitirán o desenvolvemento de chan residencial para un total de 872 vivendas protexidas só na área de Compostela.

En concreto, en Santiago localizaranse un total de 656 unidades residenciais, expresamente nos chans urbanizables non programados de Lamas de Abade e da Muíña, practicamente os dous últimos que se desenvolverán co anterior Plan Xeral de Ordenación Urbanística (PXOU). A actuación permitirá subvencionar a urbanización de chan para a construción de 253 vivendas no primeiro deses ámbitos e de 403 no segundo, cunha axuda total de 1.285.900 euros, que se repartirán en 497.825 para o chan de Lamas de Abade e 788.075 para o da Muíña, en San Lázaro.

En canto ao veciño municipio de Brión, a subvención roldará o mediou millón de euros (489.600, exactamente) para promover chan para 144 vivendas protexidas na unidade de actuación número 9 de Lugar de Lamiño. A área de urbanización prioritaria de chan de Barrocas, en Ourense, completou este paquete de axudas. Neste caso, a subvención suma 138.600 euros para 72 vivendas.

A construción de todas estas vivendas suporá un investimento próximo aos 14 millóns de euros e segundo a Xunta estas son as últimas axudas que se conceden para a urbanización de chan destinado á edificación de vivendas protexidas de promoción privada despois de que o Ministerio de Fomento eliminase, a principios deste ano, estas axudas do Plan de Vivenda e Rehabilitación. As concedidas para este catro ámbitos foran acordadas por ambas as Administracións antes desa eliminación.

788.000 €

A Muíña

Achega para urbanizar este chan, para 403 vivendas.

497.000 €

Lamas de Abade

Neste caso urbanizarase chan para 253 pisos.

489.000 €

Brión

No Lugar de Lamiño prevense 144 pisos protexidos.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion