versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Os maiores brioneses celebran o seu día

[06/09/2011]

Preto de seiscentos brioneses maiores de 65 anos de idade gozaron o pasado fin de semana dunha xornada de celebración, o número vinte e tres que organiza o Concello para agradecer a este colectivo o traballo de toda unha vida.

A festa do domingo foi máis emotiva do habitual, xa que entre os asistentes atopábase Luciano Pena, funcionario xubilado municipal que foi o promotor desta cita, polo que a súa primeira participación resultou en grao sumo especial.

Á cita acudiu o alcalde, Xosé Luís García, que agradeceu o traballo do colectivo e díxolles que «o Brión de hoxe é posible grazas ao voso traballo e nestes momentos de crise necesitamos máis do voso consello pois vós si que sabedes o que son as crises e ás persoas hai que valoralas polo que son e non polo que teñen».

A Charanga Vos Celtas de Negreira actuou tras a comida.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion