versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Apelan ao consumo de auga responsable en Ames e Brión

[02/08/2011]

Os niveis dos depósitos que abastecen a ambos os municipios están en límites alarmantes ·· Reducen baldeos de rúas e regas. Os alcaldes de Ames e Brión, Santiago Amor e José Luís García, respectivamente, fixeron un chamamento á cidadanía de ambos os municipios apelando a un uso responsable no consumo de auga potable. Este feito vén motivado polo informe remitido pola empresa adxudicataria do servizo de abastecemento que alertou dos baixos niveis de auga que conteñen os depósitos que fornecen a Ames e a Brión. Devanditos niveis baixaron a uns "límites realmente alarmantes". Os rexedores sinalan que o bombeo non dá enchido os tanques e que, desde o pasado xoves día 28, varias cisternas levan auga aos mesmos.

Entre as medidas de aforro adoptadas polo Concello amiense está a eliminación dos baldeos das rúas, ademais de reducir tamén os tempos de rega automáticos en zonas verde de titularidade pública e xardíns municipais.

Desde o executivo amiense espérase que a situación non vaia a máis e téñanse que tomar medidas máis drásticas.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion