versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A urbanización de Monte Balado contará cunha nova iluminación máis económico

[02/08/2011]

O Concello de Brión adxudicou a pasada semana a instalación da nova iluminación pública da urbanización de Monte Balado, na parroquia de Vos Ánxeles, á empresa viguesa Esycsa (Equipos de Sinalización e Control S.A.). A nova instalación eléctrica será máis eficiente e permitirá un aforro enerxético do 73%, segundo estimacións dos concesionarios da reforma.

As obras de renovación da iluminación estenderanse durante aproximadamente un mes e contan cun orzamento de execución de 62.170 euros. Esycsa terá que desmontar as 88 instalacións pero manterá o cableado actual e os tubos de canalizacións. O antigo equipo de iluminación será substituído por un sistema máis eficiente adecuado á normativa vixente.

Deste xeito, os farois contarán con aceso astronómico para aproveitar ao máximo as horas de luz dependendo da época do ano. Estas luminarias serán reducidas á metade, pasando de 88 a 44 farois, pero máis aproveitables, pois reducen o consumo e o índice de deslumbramiento. A vida útil das lámpadas será maior e gastarán un 30% menos, ao estar equipadas cun sistema de regulación do fluxo luminoso electrónico.

En definitiva, con todas as medidas que se instalarán en Monte Balado, o aforro enerxético incrementarase nun 73%, segundo os cálculos de Esycsa. A instalación da nova iluminación estenderanse durante 29 días naturais, contando a partir do día en que a empresa viguesa inicie os traballos de renovación.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion