versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión aforrará un 73 % no gasto de luz da urbanización Monte Balado

[27/07/2011]

O Concello de Brión encargou á empresa Equipos de Sinalización e Control a renovación da iluminación pública na urbanización Monte Balado, un investimento que a longo prazo suporá un aforro do 73 % no gasto de iluminación.

O orzamento de adxudicación do proxecto ascende a 62.170 euros e o tempo estimado para que a empresa execute as melloras é de apenas un mes, xa que os traballos non afectarán o cableado actual nin aos tubos das canalizacións da rede eléctrica.

Segundo explica o Concello, «ou proxecto consiste na instalación dun alumeado exterior na urbanización adaptado á normativa vixente e que permita conseguir unha instalación máis eficiente enerxeticamente». A empresa substituirá para iso 88 luminarias de vapor de sodio de alta presión por 44 unidades de maior rendemento, que reducen significativamente o consumo porque teñen menos potencia e tamén ofrecen unha luz menos cegadora.

Ao recorte na factura da luz contribuirá tamén a dotación dun sistema de aceso que regulará o seu funcionamento dependendo das horas de luz de cada época do ano. A maiores, a solución técnica tamén prevé alargar a vida útil das lámpadas.

De forma paralela a esta obra, o Concello brionés mantén aberto un concurso público para adxudicar o mantemento da rede de iluminación por un máximo de 184.000 euros en catro anos.

Segundo consta nas bases do contrato, en Brión existen máis de tres mil puntos de luz xestionados polo Concello, aínda que neste cómputo, ademais dos farois, tamén está incluída a iluminación de instalacións municipais, como a Casa do Concello, o polideportivo e as distintas dependencias de tipo cultural.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion