Brión regula os prezos dos servizos públicos
[23/07/2011]
O Concello de Brión aprobou en pleno extraordinario unha ordenanza que regulará os prezos pola prestación de servizos culturais, deportivos, educativos e de lecer. Entre as medidas atópase o desconto do 50% por segundo fillo e por segunda actividade, ademais de actualizar os prezos actuais. A medida aprobouse grazas aos votos a favor de PSOE e BNG, mentres que o catro edís do PP votaron en contra.
Enlace a El Correo Gallego