versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión adxudica a Esycsa por 62.000 euros a iluminación de Monte Balado

[27/07/2011]

Farase nun mes e permitirá un aforro enerxético do 73%, segundo o executivo. O Concello de Brión adxudicou á empresa Esycsa, Equipos de Sinalización e Control SA, a renovación da iluminación pública na urbanización Monte Balado (Vos Ánxeles) un proxecto que deberá ser executado nun mes e que permitirá un aforro enerxético, segundo os responsables municipais, do 73 por cento. O contrato foi adxudicado por 62.170 euros (IVE incluído).

O proxecto inclúe a instalación dunha iluminación exterior na citada urbanización, adaptándoo á actual normativa de eficiencia enerxética. Así, e con criterios de eficiencia, a empresa viguesa procederá á substitución de 88 dos farois actuais (que ten lámpadas de vapor de sodio a alta presión) por un total de 44 de maior rendemento e que diminúen tanto o consumo como o índice de deslumbramiento. As lámpadas que se utilizarán tamén son VSAP, pero cunha potencia de 100 watts.

INTERRUPTOR ASTRONÓMICO. Ademais, en Monte Balado instalarase un sistema de aceso por interruptor astronómico, o que permitirá regular o funcionamento da iluminación en función de cada época do ano. Así mesmo, se comtempla un equipo de regulación de fluxo luminoso electrónico que permitirá incrementar a vida útil das lámpadas e reducir o consumo enerxético.

A firma adxudicataria dos traballos conta cun prazo de 29 días naturais, contados desde o inicio, para acometer as obras. Será preciso desmontar as 88 instalacións de iluminación existentes, conservando o cableado e os tubos das canalizacións. Ademais, Esycsa terá que repor o lugar deixado polas columnas ao desmontalas utilizando unhas lousas hidráulicas que deberán ter as mesmas características que as existentes na actualidade.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion