versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Os depósitos que abastecen Ames e Brión baixan a límites alarmantes

[29/07/2011]

Amor e García fan un chamamento para un consumo responsable da auga. Os mandatarios de Ames e Brión, Santiago Amor e José Luís García, respectivamente, mantiveron onte un encontro no que trataron asuntos comúns que incumben a ambos os municipios, como o abastecemento de auga, a recollida do lixo ou a depuradora de Sisalde (infraestrutura que comparten ambos os concello).

Na reunión, acordouse facer un chamamento á cidadanía para que fagan un consumo responsable do uso da auga. E é que, segundo a empresa encargada da xestión do abastecemento de auga a ambos os municipios, os niveis de auga dos depósitos que abastecen a Ames e a Brión baixaron considerablemente até límites preo- cupantes .

Unha das primeiras medidas que adoptou o Concello de Ames, despois de que se coñecese esta situación foi a de suspender o baldeo das rúas e decidiu restrinxir a rega ao mínimo.

Segundo explican fontes do Concello amiense, recalca que a edil responsable de Medio Ambiente, Desenvolvemento Sostible e Sanidade, Eugenia Martín Vicente, xa anunciou ao comezo do verán unha campaña de consumo de auga responsable debido á posibilidade de que puidese darse algunha incidencia no abastecemento de auga potable.

O tema da seca é un asunto que preocupa por igual a Ames e a Brión, da mesma maneira que a depuradora de Sisalde, que verte ao río Sar o cincuenta por cento dos residuos sen tratar, segundo apuntan fontes municipais.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion