versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Noites de Cine levará de novo a sétima arte ás parroquias de Brión a partir do día 12

[12/07/2011]

O filme O segredo dos seus ollos inaugura o ciclo Noites de Cinema esta noite na Igrexa de Ons. O Concello de Brión participa outro ano no devandito programa, patrocinado pola Deputación da Coruña, e que achegará o mundo da sétima arte aos veciños das parroquias brionesas de modo totalmente gratis.

Despois do éxito que supuxo esta iniciativa o pasado ano, o Concello de Brión repite experiencia expandindo o programa Noites de Cinema a diferentes parroquias. Anteriormente, as proxeccións estaban centralizadas na carballeira de Santa Minia. As parroquias de Ons, Viceso, Vos Ánxeles e Pedrouzos acollerán o visionado das películas.

A primeira das proxeccións será o filme de Juan José Campanella, O segredo dos seus ollos que terá lugar na Igrexa de Ons ás 22.30 horas. Se as condicións meteorolóxicas son adversas, a proxección moveríase ao teleclub de Ons. A seguinte cita terá lugar na Igrexa de Viceso, onde os asistentes poderán gozar de Avatar. En caso de producirse precipitacións, a proxección realizaríase no teleclub de Viceso.

A pista polideportiva da urbanización Río Pego, na parroquia de Vos Ánxeles, acollerá a terceira das proxeccións, o día 19 de xullo, concretamente a película Crepúsculo. Ágora é a escollida para pechar este ciclo, proxección que terá lugar na carballeira de Santa Minia o próximo 21 de xullo ás 22.30 horas. Se chove, o centro social acollerá as proxeccións.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion