versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión abre as súas portas á tradición internacional

[12/07/2011]

Agrupacións de Chile, Colombia, Rusia, e Euskadi actuarán o domingo na carballeira de Santa Minia. A entrada será gratuíta. O Concello de Brión volve abrir unha nova edición do seu Festival Internacional de Folclore que terá lugar o vindeiro domingo. Con seis grupos procedentes de Rusia, Chile, Colombia, Esukadi, Narón e Brión, o recital terá unha entrada libre gratuíta e comezará a partires das 21.30 horas. O festival, cunha duración estimada de dúas horas, preséntase coma unha das citas musicais e máis representativas da comarca.

O conxunto encargado de abrir o festival será a Escola Municipal de Baile Galego e Pandeireta de Brión, que dará paso á Banda de Gaitas do Padroado da Cultura procedente de Narón. Posteriormente, o ambiente tranformarase con melodías de orixe vasca de mans do grupo Berriztasuna Taldea.

Os sons de Europa do Leste farán acto de presenza co grupo Kalina, chegados da cidade de Toliatti, en Rusia. Seguidamente, América Latina soprenderá aos asistentes coas súas melodías coloridas e cargadas de ritmo. Para iso, actuarán Otrora, Integración Folclórica Colombiana , unha organización que ten como obxectivo dobre entreter e difundir as tradicións do seu pobo para conservar a riqueza cultural do país.

O Festival rematará coa representación do Ballet Folklórico de Temaco, un conxunto procedente de Chile que destaca polas numerosas xiras internacionais e as boas críticas. Cunha vocación lúdica e divulgativa, o Festival constitúe unha das citas máis atractivas do Concello de Brión.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion