O Concello de Brión pon en marcha de novo - Noites de cinema -
[12/07/2011]
O segredo dos teus ollos será a primeira das películas que o Concello de Brión proxectará dentro do programa Noites de Cinema. A cita será esta noite ás 22.30 no atrio da igrexa de Ons e, en caso de choiva, no Teleclub. As outras tres películas serán Avatar na igrexa de Viceso, e no Teleclub en caso de choiva, Crepúsculo na pista deportiva da Urbanización Río Pego en Vos Ánxeles e por último, Ágora, na carballeira de Santa Minia, o 21 de xullo. En ambos os casos, o centro social polivalente sería o recinto a utilizar no caso de choiva. Todas as sesións comezarán ás 22.30 e a entrada será libre e gratuíta
Trátase dunha iniciativa que o Concello de Brión e a Deputación da Coruña volven levar ás parroquias, despois do éxito de participación do ano pasado, cando as proxeccións deixaron de estar centralizadas na carballeira de Santa Minia para abrirse a outros lugares do municipio.
Enlace a La Voz de Galicia