versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A Xunta incrementará nun 60% o abastecemento de auga potable de Ames e Brión

[09/07/2011]

A nova estación de tratamento terá dous depósitos//A obra tivo 8 millóns de orzamento. A Xunta incrementará nun 60% o abastecemento de auga potable de Ames e Brión cunha nova estación de tratamento e dous depósitos, nunha obra que contará con máis de 8 millóns de orzamento.

Este sábado, o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, visitou as obras en compañía dos alcaldes de Ames e Brión, Santiago Amor e José Luís García, e da delegada territorial da Coruña, Belén Docampo, onde explicou que a construción da estación de tratamento e os dous depósitos comezarán cando o Concello dispoña dos terreos.

Neste sentido, Santiago Amor apuntou que o Concello de Ames iniciou o proceso de diálogo e negociación cos propietarios afectados cos que non se chegou a un acordo para a urxente ocupación para conseguir o resto dos terreos da ETAP e os depósitos, e recriminou que o anterior goberno municipal do socialista Carlos Fernández "non puxo os terreos a disposición da Xunta", polo que segundo o Goberno galego, a Consellería de Medio Ambiente "viuse obrigada" a iniciar as obras pola fase de canalización.

Do total do orzamento de oito millóns, a Xunta achega un 80 por cento e os concellos un 20 por cento -un 10 por cento cada un-. Na actualidade, o 50 por cento dos case 12 quilómetros de conducións están executados.

Máis de 96.000 habitantes

Segundo o Executivo autonómico, as infraestruturas existentes abastecen a case 42.000 habitantes, mentres que coas novas instalacións darase servizo a 96.500 habitantes, o que supón un 60 por cento máis que nestes momentos.

A futura estación de tratamento contará cunha capacidade de 175 litros por segundo. Así mesmo, instalarase un depósito de cabeceira de 10.000 metros cúbicos e outro de regulación de 7.300, que multiplicarán por máis de dez a capacidade de reserva de auga actual.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion