versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Os baixos da casa da cultura de Brión serán sala de exposicións

[07/07/2011]

O Concello acomete as reformas, cuxo orzamento ascende a máis de 10.000 ?. O Concello de Brión iniciou esta semana os traballos de reforma dos baixos da casa da cultura. O obxectivo é converter este espazo nunha sala de exposicións que contará cunha superficie de 186 metros cadrados, segundo indican fontes municipais.

Cos traballos, cuxo orzamento supera os 10.000 euros preténdese dotar á casa da cultura de "unha superficie expositiva totalmente diáfana onde albergar calquera tipo de exposición artística". Ditas instalacións quedaron baleiras o pasado mes de maio co traslado da biblioteca municipal ao antigo consistorio.

As obras, que teñen un prazo de execución dun mes, prevén o revestimento das paredes interiores con pladur e a instalación de focos halógenos sobre unha base de raíles electrificados. A actuación completarase co peche de dous das xanelas exteriores para gañar algo máis de espazo expositivo.

O obxectivo do Concello de Brión é inaugurar as novas dependencias culturais coincidindo coas festas de Santa Minia, máis concretamente o día 23 de setembro.

Precisamente será esta a temática da primeira mostra que se poida ver na nova sala de exposicións. Desde o departamento de Cultura brionés traballan na recompilación de carteis anunciadores da celebración máis grande do municipio do último medio século, co fin de realizar un repaso á evolución dos festexos ao longo do últimos cincuenta anos.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion