versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Emerxencias de Brión sufocou nun só día dous incendios urbanos en Ames

[30/06/2011]

O rexedor amiense presidiu a reunión para coordinar os medios da campaña forestal contra o lume. O Servizo de Emerxencias de Brión (Sebri) atendeu en menos de 24 horas dúas chamadas de aviso de Ames por incendios na área urbana. O primeiro dos sucesos detectouse ao redor do tres e media da madrugada do martes no lugar de Moniña, na parroquia de Biduído. E até hora e media máis tarde non quedou controlado.

A chamada alertou dun incendio no alpendre dunha vivenda. Ao lugar desprazáronse catro operarios do servizo brionés con dous vehículos, un de intervención rápida, e outro equipado cunha bomba urbana lixeira. O alpendre quedou moi deteriorado polas chamas porque o propietario gardaba no seu interior gran cantidade de madeira, palla e pintura.

O feito de que a estrutura estivese moi preto da vivenda incrementou o risco. Proba do elevado nivel de alarma foi que ao lugar tamén se achegaron os bombeiros de Santiago, efectivos da Garda Civil e unha ambulancia, aínda que o persoal sanitario non tivo que intervir.

O segundo incidente produciuse tamén o martes pero ás 19.30 horas no número 31 de Rosalía de Castro de Milladoiro. Até alí acudiron efectivos do Sebri tras recibir unha chamada de aviso por localización de fume no interior do inmoble.

Unha vez no lugar, os efectivos brioneses comprobaron que xa non había ningún incendio, senón unha intensa fumareda provocada por unha pota que quedara no lume da cociña dun dos inmobles. Por iso, os operarios limitáronse a efectuar traballos de ventilación no inmoble.

A intensa xornada de traballo de Emerxencias de Brión produciuse nun momento de elevado risco de incendios forestais en toda Galicia.

Ante esta circunstancia e pola inminencia do inicio da campaña de prevención forestal, que oficialmente arrinca mañá, o alcalde amiense, Santiago Amor (PP), reuniuse con persoal técnico do Concello e da Xunta para coordinar os medios existentes en caso de risco para as persoas e as vivendas. Amor pediu colaboración á cidadanía.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion