versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

As bandas de Brión, Teo e Arca compiten este sábado en Santa Minia

[30/06/2011]

Grupos internacionais participarán no festival de folk que se celebrará o día 17. A música é a gran protagonista nos dous festivais que se celebrarán durante o mes de xullo na carballeira de Santa Minia (Pedrouzos-Brión). O primeiro terá lugar este sábado, a partir das 18.00 horas. Trátase da VII edición do Festival de Bandas de Música de Brión, un evento organizado pola asociación brionesa en colaboración co Concello e a Deputación, no que participasen os grupos de Brión, Arca (O Pino) e Teo.

Segundo a información facilitada polos organizadores, no caso de que coincidise cun día chuvioso, o festival trasladarase ao pavillón municipal á mesma hora.

A segunda cita chegará o día 17 coa celebración do Festival Internacional de Folclore, que reunirá na carballeira de Santa Minia a seis conxuntos procedentes de Rusia, Chile, Colombia, Euskadi, Narón e Brión. O recital, de entrada libre e gratuíta, comezará a partir das 21.30 e terá unha duración aproximada de dúas horas.

Hai que indicar que a responsable municipal de Cultura, Patricia Lamas, confía en que se repita o éxito de público alcanzado o pasado ano, cando máis de medio milleiro de persoas abarrotaron a carballeira brionesa.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion