Un trámite administrativo demora a agosto a apertura da piscina cuberta de Brión
[24/06/2011]
A corporación municipal brionesa celebrou onte o seu primeiro pleno de contido deste mandato para aprobar as taxas da piscina cuberta de Pedrouzos, unhas instalacións que abrirán o 1 de agosto e que até o día 15 dese mes funcionarán cun sistema de portas abertas.
O Concello brionés previra abrir as instalacións antes de agosto, pero a tramitación do expediente sobre as taxas polo uso da piscina e os horarios de funcionamento deste espazo deportivo ha provocado que non poida funcionar até agosto, un período no que este tipo de equipamentos ten unha menor demanda.
Co acceso gratuíto ás instalacións até o día 15, o Concello pretende promocionar un recinto que terá uns prezos de uso practicamente idénticos aos da piscina cuberta de Bertamiráns, no veciño municipio de Ames.
Novo inventario
Á parte do acordo sobre o novo servizo, ratificado cos votos de PSOE e BNG fronte ao voto en contra do PP, a corporación tamén lle deu o visto e prace, neste caso por unanimidade, ao inventario de bens do Concello, que pasou dos 27,7 millóns de euros a máis de 31,8 millóns debido á incorporación de distintos equipamentos financiados co Plan E.
Enlace a La Voz de Galicia