versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión aproba 2 dedicacións totais e unha máis parcial

[18/06/2011]

O Concello de Brión celebrou onte o primeiro pleno da presente lexislatura, o de organización. Nesta sesión, o executivo local, co socialista Xosé Luís García á fronte, deu luz verde á fixación de dúas dedicacións exclusivas e unha parcial de face ao próximos catro anos. As dúas primeiras irán para o propio rexedor, con 3.022 euros brutos ao mes, e para a edil de Cultura, Xuventude, Promoción Económica, Muller e Servizos Sociais, Patricia Vázquez, cun soldo de 1.705 euros brutos mensuais. A parcial, de 851 euros, quedaralla Xesús Quintela, concelleiro de Educación e Deportes.

En canto á repartición de competencias, a máis diso as dous anteriores, cabe engadir as de Ramón Rodríguez Romarís, que se encargará de Urbanismo. Este tamén será o primeiro tenente de alcalde de Brión.

Na sesión de onte tamén se aprobou unha modificación no regulamento orgánico municipal. Esta implica que non se poderán formular máis de trece preguntas (10 escritas e tres orais) en cada sesión.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion