versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 17 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O Supremo ratifica a nulidade do polígono industrial de Brión

[11/06/2011]

O alto tribunal rexeitou o recurso do Concello a favor do polígono. O Tribunal Supremo ha desestimado o recurso de casación presentado polo Concello de Brión contra a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que no ano 2007 anulou o plan urbanístico do municipio na parte correspondente ao polígono industrial de Pérros, unha normativa que data do 2003.

A reclamación contra este proxecto encabezouna a asociación veciñal brionesa Torres de Altamira, que apelou ao valor natural e ambiental do terreos nos que o Concello pretendía promover chan industrial.

Aínda que o monte en cuestión foi pasto das chamas durante a onda de incendios de Galicia de hai varios anos, todas as resolucións xudiciais rexeitaron a recualificación deste chan, situado preto do acceso da autovía AG-56 e nunha zona lindeira a Bertamiráns, a capital do municipio amiense.

O fallo que agora referenda o Supremo obriga ao Concello de Brión a modificar a cualificación urbanística do monte de Pérros que pasará a ser de chan rústico de especial protección.

A diferenza da resolución do TSXG que non impón costas, o Supremo impón o custo desta última fase do litixio, que limita esta contía a dous mil euros.

A asociación Torres de Altamira mostrou a súa satisfacción polo fallo ao considerar que coa resolución «gañamos todos». Pola súa banda, o rexedor en funcións e desde mañá alcalde electo, Xosé Luís García, sinalou que «acataba» a resolución xudicial e que daría os pasos necesarios par cualificar o chan como de especial protección e que iniciaría conversacións co Concello de Ames para recuperar o polígono de Pegariños.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion