versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

José Luís García volve tomar posesión como alcalde de Brión 32 anos despois da súa primeira vez

[11/06/2011]

Reducir o gasto corrente, manter a invesión e o gasto social e colaborar na creación de emprego serán os alicerces do seu goberno. Hoxe inicia a súa novena lexislatura á fronte do Concello. O PSOE obtivo 8 concelleiros, por 4 o PP e 1 o BNG. A única novidade na toma de posesión da Corporación de Brión tiña que ver con en ligazón matrimonial dunha parella de traballadores municipais, prevista para as doce do mediodía na igrexa de Bastavales, motivo polo que a sesión deu comezo ás 11:00 horas e máis dun concelleiro viña xa con traxe de gala... para a primeira e segunda celebración.

Polo demais, José Luís García volvía tomar posesión como alcalde brionés 32 anos despois de que o fixese por primeira vez en 1979, tras a constitución da primeira Corporación democrática. a diferenza: se naquela ocasión gañou por minoría, nesta revalidou unha ampla maioría absoluta (igual que o sete lexislaturas anteriores.

O secretario e a interventora informan que na acta de arqueo extraordinaria celebrada onte tarde deu como resultado que o Concello ten en valores 424.742 euros, en metálico 221.000 euros, un anticipo caixa fixo de 660, e saldos en contas bancarias por importe de 802.008 euros. O inventario municipal ascende a 27 millóns de euros.

Confórmase a mesa de idade polo edil de maior idade, Ramón Rodríguez Romarís, e o máis novo, José Luís Sampedro Bouzas. Os edís do PSOE optan por prometer, no PP xuran e o do BNG tamén promete, quedando constituída a Corporación.

José Luís García García obtén 8 votos para ser alcalde; Carlos Tomei (PP), 4 e Xesús Pena Espiña (BNG) 1 voto, polo que o socialista José Luís García García queda proclamado alcalde de Brión, que hoxe inicia a súa novena lexislatura á fronte do ayuntamiento.

García considera "unha honra e unha responsabilidade" volver tomar posesión como alcalde de Brión, tras a maioría absoluta dada polos veciños. Na quenda de agradecementos, empeza polo respaldo que lle deron os veciños, a quen lle deron o seu voto; aos concelleiros do PSOE que lle acompañaron e hoxe déronlles o seu respaldo, e tamén aos funcionarios e traballadores municipais polo traballo desenvolvido.

Os "alicerces" do goberno serán: "reducir o gasto corrente, manter a invesión e o gasto social e colaborar na creación de emprego", á vez que ofreceu diálogo á oposición, dentro da discrepacnia, e espera que se refugue calquera tipo de crítica destrutiva ou demagóxica".
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion