versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Ao redor de 150 veciños de Brión acudiron ao peche da Escola de Música Municipal

[07/06/2011]

Ao redor de 150 veciños encheron o último domingo de maio o auditorio do centro social polivalente de Pedrouzos. E a cita así o requiría, porque os mozos instrumentistas do Concello de Brión foron os grandes protagonistas do concerto de fin de curso dos alumnos da Escola Municipal de Música Magariños.

O concerto durou, segundo informaron fontes municipais, máis de tres horas. Durante este tempo foron un total de 64 as actuacións realizadas, tanto de carácter individual como en grupo.

O acto estivo protagonizado polos alumnos das distintas disciplinas impartidas na escola municipal. Así, durante o tres horas de actuación pasaron polo escenario novos instrumentistas que estudan nas modalidades de piano e guitarra (que son as máis solicitadas), así como de frauta, saxofón, clarinete e trompeta, estendéndose até os alumnos de Música e Movemento.

As intervencións finais correron a cargo dos discentes do Nivel III e tamén houbo tempo para a actuación dunha orquestra e mesmo para a dun coro de alumnos.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion