versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O Encontro coas Artes de Brión reúne a 30 creadores

[02/06/2011]

O programa inclúe unha homenaxe ao fotógrafo Luís Ocaña, participante en varias edicións e que morreu o ano pasado. A sexta edición do Encontro coas Artes que organiza o Concello brionés contará nesta convocatoria cunha trintena de creadores, que durante este fin de semana permanecerán no municipio para utilizar os espazos naturais do concello como fonte de inspiración para as súas obras.

As sesións de traballo desenvolveranse na carballeira de Santa Minia, na contorna do río Pego e por vez primeira na zona de Ponche Maceira, no municipio de Ames.

A principal novidade, aínda que por triste motivo, é a homenaxe organizada ao fotógrafo Luís Ocaña, fincado en Brión e falecido en agosto do ano pasado.

Ocaña era un habitual destes encontros e mantivo unha intensa relación co municipio que quedou patente coa publicación do libro de fotografías Brétemas Luzadas, no que publica fermosas imaxes do Val da Maía.

A homenaxe será á as 21 horas do sábado no centro polivalente e consistirá nunha exposición de fotografías súas. Tamén incluirá un coloquio e un recital poético. O debate abrirao o alcalde, Xosé Luís García, e o escritor Víctor Freixanes, director da Editorial Galaxia, ademais de Daniel Buján, director técnico da Biblioteca de Galicia. A poetisa Eva Veiga e o grupo Oriol ofrecerán unha representación audiovisual.

O encontro artístico tamén inclúe un mercado de obras.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion