versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión acolleu a primeira etapa da Volta a Provincia da Coruña

[31/05/2011]

Foi o punto de partida e chegada dun circuíto de 31 quilómetros ao que os máis de cen corredores tiveron que dar catro voltas. O pasado venres comezou a Volta Ciclista á Provincia da Coruña e Brión acolleu a súa primeira etapa, sen dúbida, a máis dura dunha proba que patrocinada pola Deputación da Coruña finalizaba o pasado domingo.

Quince equipos, 105 corredores, case 300 persoas na caravana ciclista para afrontar tres etapas de gran esixencia. A primeira delas tivo ao Concello de Brión como punto de saída e chegada dun circuíto de 31 quilómetros ao que os corredores tiveron que dar catro voltas até competar un toatl de 130 quilómetros aproximadamente.

O alcalde en funcións de Brión, José Luís García, asegurou que no seu municipio téñenlle un especial "agarimo" ao cilcismo pola súa dureza e lembrou que en Brión organizar a ruta BTT Vos Estofa Arrós "unha ruta recoñecida a nivel galego tanto pola súa dureza como pola súa beleza e a súa importante participación". O rexedor brionés agradeceu aos organizadores que pensasen en Brión para esta etapa.

Etapa na que o ruso Evgeny Shalukov . do Lokomotiv, converteuse no gran protagonista da calorosa xornada, ao protagonizaruna escapada no quilómetro 10 e gañar todas as camisolas (etapa, líder da xeral, sub 23, montaña e metas volantes).

Shalunov chegaba primeiro a Brión cun tempo de 3:16:43, mentres que na súa segunda posición entrou Michael Isidoro, a máis dun minto. O seu compañeiro Sveshnikov foi o gañador final.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion