versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 17 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Inician a reparación de beirarrúas en Bastavales e Os Ánxeles

[31/05/2011]

O Concello de Brión destina a estas obras, cofinancias por Xunta e Deputación e que inclúen o asfaltado de pistas, 155.000 euros. O Concello de Brión acaba de iniciar os traballos de remodelación e reparación de beirarrúas nas parroquias de Bastavales e Os Ánxeles. Dúas obras cofinanciadas pola Deputación provincial que conta cun orzamento superior aos 155.000 euros e que inclúe, ademais, o asfaltado de varias pistas en Bastavales.

Segundo a información facilitada polos responsables municipais, os traballos comezaron hai xa varios días na parroquia de Os Ánxeles, concretamente na intersección coa AC-300, variante que está constuyendo a Xunta de Galicia.

A esta mellora o Concello de Brión destina un investimento próximo aos 30.000 euros e os traballos consisten na construción de aceas na zona e na reposición dos servizos municipais afectados (iluminación pública e algunha acometida de auga e saneamento).Hai que indicar que estas obras están contempladas nun convenio asinado coa Xunta para a construción dae a variante da AC-300 polo cal, unha vez rematados os traballos por parte da Consellería de Medio Ambiente, o Concello de Brión pasaría a ser o titular do tramo da AC-300 entre o cruzamento de Soigrexa e a rotonda de Vos Ánxeles.

Remodelación e asfaltado

Así mesmo, están a piques de comezar as obras de asfaltadotado de pistas e de remodelación e reparación de beirarrúas na parroquia de Bastavales. Uns traballos que están orzados en 125.000 euros e que son financiados con cargo ao Plan de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal 2011 da Deputación da Coruña.

Desta forma, segundo explican desde o goberno municipal, o organismo provincial destinará un total de 116.043 euros ao financiamento destes dous proxectos, mentres que o Concello de Brión tentrá que achegar os 8.956 euros restantes.

Hai que indicar que con estes traballos o Concello de Brión busca dar continuidade ás obras xa iniciadas co POS correspondente ao exercicio de 2010, a través do cal xa se investiron 32.500 euros na construción, remodelación e reparación de beirarrúas en distintas parroquias do municipio así como a instalación de novos puntos de luz nas zonas con maior carencia.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion