versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A Volta á provincia chega hoxe a Mesía

[28/05/2011]

O corredor do Locomotiv Evgeny Shalunov converteuse no protagonista estelar da primeira etapa da Volta Ciclista á provincia dá Coruña. O ruso, que se escapou no quilómetro 10, non abandonou esa primeira posición en ningún momento até a meta de Brión e así se puxo líder en todas as clasificacións posibles (líder da carreira, da categoría sub-23, metas volantes e premio da montaña). En segunda posición entrou Michael Isidoro, do Louletano portugués, a un minuto e 17 segundos.

Ao longo do día de hoxe dispútase a segunda etapa (Mesía-Mesía) que é a máis longa do tres (150 quilómetros), aínda que parece a menos esixente polo percorrido. De todos os xeitos, a calor prevista para esta xornada e o esforzo de onte pode castigar aos corredores nesta etapa na que terán dúas metas volantes e dous premios de montaña.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion