versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Xosé Luis García: Só o deixaría se me acusaran de meter a man. É imposible

[25/05/2011]

“A miña única aspiración política é ser alcalde de Brión. Se os veciños están contentos, eu tamén”//“Si son da convicción de que mandan máis os mercados que a política. E iso é moi triste”. "Non me importaría xubilarme na política se sigo contando coa confianza e coa complicidade das veciñas e veciños. O único que me faría abandonar sería unha acusación de que eu ou alguén do meu equipo meteu a man, pero iso é imposible". Así se expresa uno de los alcaldes coruñeses que más años lleva en el cargo, 32, desde las primeras elecciones democráticas, celebradas en el año 1979. Es Xosé Luis García (Brión-1953), un diplomado en Enfermería, casado y con cuatro hijos, admirador de Víctor Freixanes, y que elige, sin dudar, "a súa horta" como el mejor lugar de descanso. El pasado 22 de mayo logró su séptima mayoría absoluta consecutiva (en la primera gobernó con mayoría simple y aunque durante 25 años fue independiente, en las dos últimas elecciones se ha presentado con una siglas que hoy se cotizan a la baja, las del PSOE). "É o partido que máis se asemellou sempre ás miñas ideas, e represento as siglas socialistas con moito orgullo", asegura.

"A miña chegada ó concello foi puramente casual. No ano 79 a cousa estaba moi mal e presentámonos pensando en sacar un o dous concelleiros, para polo menos intentar que chegase algo ás parroquias e non se quedase todo no mesmo sitio. Gañamos as eleccións sen saber moi ben como e a partir de aí foron tres o catro anos moi froitíferos, houbo unha gran complicidade entre os veciños e o goberno municipal. A súa preocupación máis grande era que nos presentásemos para logo marchar a Madrid, e eu lles dicía non que só quería ser alcalde de Brión. Esa é a miña máxima aspiración política".

Pertence vostede a unha xeración moi influída polo Maio do 68 francés, o abril portugués ¿Non se sente un pouco fustrado cos recortes que se aplican a un estado de benestar que custou moito construír?

Son da convicción de que mandan máis os mercados que a política. Iso é moi triste. Conseguimos uns dereitos a poder de moitísimo traballo, sentímonos orgullosos de pertenecer a Europa e, de repente, esa Europa coa que soñamos vese moi complexa. A sanidade, a educación e as pensións son tres piares básicos que non se poden danar.

¿Arrepíntese nalgún momento de deixar a súa condición de independente?

Sempre deixei claro que o partido é o partido e o concello, o concello. Son consciente de que tiven que aplicar medidas duras, como a rebaixa salarial, pero non houbo nin unha mala cara. Son medidas que hai que tomar, e ó mellor outras que son máis fortes, pero... Eu entendo que a xente tiña ganas de darlle unha patada ó Goberno central, pero é importante distinguir o Goberno central do municipal.

O Brión do principio da súa carreira política era moi próximo, dun contacto moi directo cos veciños. Cos anos, este concello abandonou o seu carácter rural para ser máis urbano, con veciños que non son de aquí. ¿Iso fíxolle variar o xeito de facer política?

Non, o contacto cos veciños sempre se mantén. Eu sigo sentindo esa complicitade da que falabamos ó principio. De feito nas últimas eleccións gañamos en todas as mesas, nas das parroquias e nas das urbanizacións.

Os seus defensores afirman que lograr manterse oito lexislaturas obedece ó seu talante dialogante, próximo e honesto. Os seus detractores, falan de voto cativo, despois de tantos anos no poder, de amiguismo, caciquismo ...

Sinceramente quen diga que hai voto cativo, amiguismo ou caciquismo está mal da cabeza. Este foi un concello rural, agora non o é, repito, gañamos en tódalas mesas. Teño que recoñecer que a oposición leva moitos anos, no caso do BNG leva más de vinte anos presentándose e non gañando e iso é fustrante. Nós fixemos un mitin e veu quen quixo, outros foron casa por casa... A xente vota libremente. É tremendo falar de voto cativo.

Os alcaldes sempre acusan a oposición de ser destrutiva e non construtiva. ¿Fixo algunha vez o exercicio de poñerse no seu sitio? ¿Se as urnasl o mandaran ó banco, abandonaría?

Non, seguiría. Nós puxémonos moitas veces do lado da oposición, defendemos a democracia e cando alguén se sente atacado polas súas siglas estamos ó seu lado, aínda que ás veces suframos enganos. Claro que a oposición ten que facer oposición, pero non a calquera prezo nin contra os intereses dos veciños. De calqueira xeito, na lexislatura pasada o 99% dos grandes acordos lográronse por unanimidade.

¿Que lle produce maior grao de fustración: o paro, a violencia de xénero, a falta de recursos para os dependentes o crecemento da desigualdade social?

Todo iso produce unha gran fustración. Dende os concellos facemos o que podemos para xerar emprego, loitar contra a violencia de xénero, para buscar recursos para os dependentes. Sabemos as nosas limitacións, pero dentro das nosas competencias xestionamos axudas e facemos todo o que podemos. Sen dúbida sempre se pode facer máis.

Non cre que a conciliación e a igualdade seguen a ser unha utopía hoxe en día.

Vanse dando pasos, pero son consciente de que queda moito que avanzar. Por iso creo que a discriminación positiva segue a ser necesaria.

¿Como lle gustaría que o recordasen cando deixe a política?

Como unha persoa normal. Estarei aquí ata que os veciños queiran. Mentres siga vivo este proxecto, no que participamos un grupo de máis de 150 persoas, estaremos aquí. Se os veciños están contentos, eu tamén.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion