Brión acolle a primeira etapa da Volta Ciclista a Galicia
[24/05/2011]
Máis dun centenar de corredores darán catro voltas a un circuíto de 32 quilómetros nunha carreira que comeza o venres. Brión foi o concello escollido pola Federación Galega de Ciclismo para dar saída á X Volta Ciclista a Galicia que se celebrará entre os días 27 e 29 de maio. Así, a estrada principal de Pedrouzos converterase no punto de partida e chegada da primeira etapa da proba galega que comeza o venres. Os corredores que tomarán parte na mesma, máis dun centenar, deberán de facer un total de catro voltas a un percorrido de 32 quilómetros que transitará polos concellos de Brión, Ames e Negreira.
Desde o Concello de Brión, o seu alcalde Xosé Luís García mostrouse moi satisfeito con esta iniciativa. ?Alegrámonos ao saber que a primeira opción da Federación Galega para dar comezo a esta décima edición dá Volta fose o noso concello e estamos seguros de que algúns dos repechos que presenta a orografía do municipio non decepcionarán aos ciclistas e afeccionados?, afirmou o rexedor brionés que asegurou, á súa vez, a máxima colaboración cos organizadores.
Precisamente co obxectivo de coordinar o desplieguue de efectivos e de seguridade necesarios, a semana pasada desenvolvíase na casa do concello unha primeira reunión entre os organizadores da Volta e os responsables das áreas de seguridade e deportes, co obxectivo de establecer as necesidades de infraestrutura e intendencia que se precisarán para acoller este importante evento. Neste sentido, desde o Concello de Brión quedou confirmada a presenza de todos os efectivos de Policía local e Protección Civil para garantir que o transcurso da proba se produza sen incidentes.
15 equipos en liza
Desde a organización confirmaron que serán un total de 105 os corredores profesionais pertencentes a 15 equipos os que tomarán parte na proba, que se compón dun total d e tres etapas que discorrerán por Brión, Mesía e Noia, cun percorrido total de 450 quilómetros.
Segundo os responsables da Volta, os equipos teñen procedencias dispares: cinco son galegos, outro cinco portugueses, mentres que o resto procede de Castela e León e Valencia. O equipo ruso Locomotiv, con base en Cataluña, completa a participación e é unha das formacións que parte como favorita.
Enlace a Tierras de Santiago