versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A Feira do Libro inclúe hoxe un contacontos

[18/05/2011]

A segunda xornada da Feira do Libro de Brión (que se celebra até o 31) foi todo un éxito. Despois do contacontos con Anxo Moure no CEIP de Pedrouzos, o pasado luns, hoxe tócalle a Santi Prego pór en escena Ou teatro máis pequeno do mundo, para alumnos de 3º da ESO no centro social polivalente (11.20 horas); mentres que mañá, xoves, Tola-Motora presenta Carlota e Marieta van en avioneta aos alumnos de 1º ciclo de Primaria (12.00 horas). Englobado tamén no programa da feira, inclúese unha exposición sobre Lois Pereiro, autor homenaxeado nas Letras Galegas. Este autor tamén centrará unha charla-coloquio a cargo de Antón Lopo, redactor de Galicia Hoxe, organizada polo IES de Brión (24 de maio) e un recital dramatizado a cargo de Serafín Marcos, destinado aos alumnos de 1º da ESO (será o 27 de maio).
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion