versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Aquafit xestionará a piscina de Brión, na que investirá 200.000 euros

[13/05/2011]

A firma contratará oito traballadores e prevé construír unha pista de pádel. A empresa Aquafit Xestión SL xestionará a piscina climatizada de Pedrouzos (Brión) durante o próximos dez anos. O Concello adxudicou o servizo a esta firma, que contratará a oito traballadores e comprometeuse a investir 200.000 euros no acondicionamento das instalacións. Ademais, os responsables municipais aseguran que a oferta permite un aforro de 40.000 euros nas arcas municipais sobre as subvencións previstas.

Técnicos de Aquafit visitaron onte o recinto e afirmaron que destinarán os 200.000 euros á compra de material para o ximnasio, ao mobiliario dos vestiarios e á instalación dun sistema de depuración de auga e de aforro enerxético. Ademais, anunciou a súa intención de construír unha pista de pádel.

Durante a súa reunión co alcalde de Brión, Xosé Luís García, os responsables da empresa adxudicataria confiaron en poder obter este mes de maio os permisos de Sanidade e contra con todo o mobiliario, co que a piscina estaría lista para abrir as súas portas ao público en xuño.

Ademais, Aquafit Xestión SL a súa intención de celebrar unhas xornadas de portas abertas para que os brioneses e veciños de municipios próximos coñezan as instalacións.

En canto aos postos de traballo, a empresa porá en marcha un proceso de selección de persoal e en total serán oito os traballadores cos que conte a piscina de Pedrouzos, entre monitores deportivos, socorristas e personasl de mantemento, segundo informou a firma.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion