versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A piscina Brión contará con 80 prazas de aparcadoiro

[10/05/2011]

Concello e Deputación asinaron un convenio para acondicionar a parcela. O organismo provincial achega 150.000 euros para as obras. O alcalde de Brión, Xosé Luís García, e o presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, asinaron a semana pasada un convenio de colaboración polo que a institución provincial achegará 150.000 euros para o acondicionamento da parcela de 5.490 metros cadrados na que se sitúa a piscina municipal. Un acordo que posibilitará a creación de 30 prazas de aparcadoiro na contorna da piscina brionesa.

O proxecto de acondicionamento da parcela inclúe, ademais, a colocación de varandas, a construción de beirarrúas e a habilitación dunha zona de lecer con sete bancos de formigón, papeleiras e iluminación pública.

Hai que indicar que estas obras se complementarán co acondicionamento da contorna do polideportivo municipal e da parte posterior do colexio de Pedrouzos. Un proxecto que executará o Concello de Brión e que permitirá a creación doutras 50 prazas de aparcadoiro, incluída unha zona especial para os autobuses escolares

SITUACIÓN

As ofertas "á baixa" atrasan a cesión da xestión do recinto. Aínda que a semana pasada estaba pendente a resolución do concurso de cesión da xestión da piscina, polo momento o Concello non fixo pública a decisión. Ao parecer as ofertas á baixa frearon a decisión dos responsables municipais. A piscina cuberta climatizada de Brión consta dun edificio de planta baixa e soto e está situada xusto á beira do polideportivo municipal e do CEIP de Pedrouzos. Ocupa unha superficie de 2.353 metros cadrados, sobre unha parcela de 5.490 m2. O edificio inclúe a piscina climatizada , vestiarios e outras dependencias comúns, para o público e os traballadores.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion