versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A Deputación achega 150.000 euros para urbanizar a contorna da piscina cuberta de Brión

[03/05/2011]

O Concello de Brión e a Deputación Provincial da Coruña asinaron por medio das súas máximas autoridades, o rexedor, Xosé Luís García, e o presidente do organismo provincial, Salvador Fernández Moreda, un convenio que permite ao Concello recibir 150.000 euros para executar o proxecto de urbanización da contorna da piscina climatizada, situada en Brión.

Este financiamento foi prometida pola presidencia do organismo provincial no recente acto de inauguración da piscina climatizada, un equipamento que segue pechado á espera de que o Concello conclúa coa licitación do servizo, unha iniciativa que se atrasou porque o primeiro concurso quedou deserto, o que obrigou ao Concello a modificar as bases dun concurso que agora está na fase de revisión das ofertas presentadas.

A parcela obxecto deste acordo está situada entre as instalacións da piscina cuberta e o pavillón municipal. Segundo informou onte o Concello brionés, as obras consistirán en «traballos de conservación do regacho que pasa pola zona, a colocación de varandas, a construción de beirarrúas de formigón e a habilitación dunha zona de lecer con sete bancos de formigón, papeleiras e alumeado público».

Prazas de aparcadoiro

Como complemento aos equipamentos citados anteriormente, a obra permitirá a creación dunha trintena de prazas de aparcadoiro nunha zona na que non había espazos para o estacionamento de vehículos.

Ademais destas prazas, o Concello brionés prevé crear medio centenar máis, con reserva de espazo para que aparquen autobuses, incluídos os das liñas escolares. Este proxecto está planificado na contorna do pavillón polideportivo e da parte traseira do colexio de infantil e primaria de Pedrouzos.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion