versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O paseo do río Pego, en Brión, amplíase coa compensación urbanística dunha promotora

[24/04/2011]

A promotora Urban, que promove en Brión unha urbanización na contorna do río Pego, concluíu os traballos de acondicionamento dunha área recreativa comprendida entre a ponte da AG-56 e a contorna fluvial.

O proxecto consistiu na habilitación dun espazo verde na contorna do acceso á autovía, no que se construíu unha zona de paseo e instalouse mobiliario urbano, ademais de reforzarse o muro de contención do río.

A obra execútase en compensación polo proxecto urbanístico Lamas de Albariño e permitiu continuar cos traballos acometidos previamente polo Concello brionés noutro tramo da canle do río Pego e que habilitou un tramo de paseo de 2,5 quilómetros.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion