versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Un renovado recuncho de lectura para os brioneses

[12/04/2011]

A biblioteca municipal duplica espazo e estrea salas. Situada na primeira planta da antiga casa consistorial, a nova biblioteca de Brión foi deseñada como un espazo moderno e luminoso que convida a profundar no sempre saudable hábito do estudo e a lectura. A nova instalación, que duplica espazo con respecto á anterior e estrea dúas novas salas, a de infantil e a de estudo, conta con 11.500 volumes como fondos e permanecerá aberta ao público a diario, entre as 16.00 e as 21.00 horas.

A nova biblioteca de Brión abriu as súas portas a semana pasada aos veciños, unha vez finalizadas as obras de remodelación da primeira planta da antiga casa consistorial. Un traslado que permitiu que a infraestrutura educativa duplique a súa superficie (que pasa dos 100 aos 190 metros cadrados), e que as instalacións gañen en luminosidade, xa que antes situábanse nos baixos da casa dá cultura.

Actualmente o servizo conta con 1.095 socios, que xa empezaron a gozar dun recuncho especialmente deseñado para gañar espazo. Desta forma os máis de 11.500 fondos de acceso ao público están situados nuns andeis que rodean o perímetro da sala, deseñada sen necesidade de contar con tabiques.

Nada máis entrar á instalación, o socio atoparase co mostrador de atención ao público, e a man esquerda, xa apreciará a zona de informática, dotada con oito ordenadores con conexión a Internet, escáner e impresora. Á dereita atópanse 16 postos de lectura, útiles tanto para a consulta de libros como para zona de estudo. Ademais dispuxéronse catro cadeiras de brazos para lectura de revistas e prensa.

Nestes tempos de crises o Concello optou por reutilizar o mobiliario da anterior, excepto nas salas infantil e de estudos.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion