versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O Sebri de Brión fixo 433 intervencións o ano pasado

[09/04/2011]

O Servizo de Emerxencias de Brión (Sebri) realizou un total de 433 intervencións en 2010, das que máis da metade se corresponden coa extinción de incencios e con a­ccidentes de tráfico. Segundo o balance feito público polo Concello, do total de actuacións, e a nivel xeográfico, 318 concentráronse no termo municipal de Brión e 89, en Ames, é dicir, o 93,99% das saídas foron neses municipios.

Así mesmo, Brión e Ames, concellos que se atopan nun proceso de fusión dos seus servizos de emerxencia e Policía Local, son tamén os municipios que máis chamadas de petición de auxilio rexistraron ao longo do ano pasado, 160 e 98, respectivamente. Un dato significativo é que das 258 chamadas, tan só 94 chegaron de Emerxencias 112 (algo máis do 36%).

Ademais de en Brión e Ames, o Sebri tamén realizou actuacións en Teo (11), Negreira (sete), Rois (seis) e Santiago (dous).
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion