versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión inaugura a piscina, pero non funcionará ata que teña a autorización de Sanidade

[27/03/2011]

O municipio de Brión inaugurou onte a piscina climatizada de Pedrouzos, un equipamento deportivo financiado en boa parte pola Deputación Provincial. De feito, o presidente desta Administración supramunicipal, Salvador Fernández Moreda, inaugurou a obra e anunciou un investimento complementario para o axardinamento de 150.000 euros.

A piscina xa está lista pero non funcionará ata que a obra estea recepcionada e Sanidade conceda o permiso definitivo tras analizar a auga, uns trámites que poderían tardar ao redor dun mes. De forma paralela, o Concello deberá resolver a adxudicación do servizo, xa que o primeiro concurso convocado quedou deserto e onte a corporación aprobou en pleno un novo proceso, menos esixente que o primeiro. No caso de que a piscina teña todos os permisos antes de pechar o concurso, o Concello asumirá a súa apertura.

Acordo con Ames

A corporación tamén aprobou por unanimidade o proceso de fusión dos seus servizos de seguridade cos de Ames, ademais de axilizar a contratación de persoal para Emerxencias.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion