versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Dúas operadoras de móbiles recorren as taxas de Brión

[22/03/2011]

Telefónica e Vodafone presentaron senllos recursos contenciosos administrativos xa admitidos a trámite. Telefónica e Vodafone, as principais operadoras de telefonía móbil de España, presentaron senllos recursos contenciosos administrativos contra a ordenanza de aproveitamento especial do dominio público do municipio de Brión, un texto aprobado polo pleno desta corporación en setembro do ano pasado.

Os dous recursos xudiciais están admitidos a trámite desde o pasado 4 de febreiro, unha circunstancia que obrigou á Xunta de Goberno Local brionesa do día 15 do mesmo mes a informar por conduto oficial de ambos os litixios. Os argumentos de ambas as operadoras son coincidentes e aluden ás taxas que deben abonar ao Concello brionés en virtude da citada ordenanza.

O cálculo do Concello para o ano pasado establece para Movistar unha cota trimestral de 3.431,84 euros, un importe superior ao asignado a Vodafone, que polo mesmo concepto ten que pagar cada tres meses 2.324,41 euros, xa que o cálculo da taxa realízase en función da súa cota de mercado.

Ante estes procesos, o rexedor brionés, Xosé Luís García recoñece que «era algo que sabiamos que ía ocorrer, xa que ou están facendo en todos vos concellos que aproban este tipo de ordenanzas». A Deputación asume a defensa xurídica do Concello de Brión.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion