versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Pedrouzos estrea parque infantil, circuíto biosaludable e pista de skate

[20/03/2011]

As dotacións na capital brionesa tiveron un custo de 100.000 euros. Para maiores, novos e pequenos. A capital do Concello de Brión, Pedrouzos, estreou estes días un novo complexo para o tempo de lecer dos seus veciños. As instalacións contan cun parque infantil, un completo circuíto biosaludable para os maiores e unha pista de skate para os mozos do Concello afeccionados a esta práctica.

O novo parque de Pedrouzos -sito á beira do campo municipal de fútbol- é, segundo indicou o alcalde brionés, o socialista Xosé Luís García, "unha gran área de lecer para ou goce de toda a familia, pois inclúe xogos para vos nenos, aparellos de ximnasia para a terceira idade, zonas de paseo e unha área reservada para vos mozos". E é que todos os espazos atópanse interconectados mediante unha serie de carreiros que tamén dan ás 4 entradas das modernas instalacións.

Os traballos de acondicionamento destas dotacións foron posibles a través dunha subvención da Deputación da Coruña, que achegou un investimento de 100.032 euros. A actuación completouse coa instalación de iluminación pública e mobiliario urbano nunhas dotacións que ocupan 1.500 m2.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion