versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión detectou 44 casos de violencia sexista no últimos cinco anos

[04/03/2011]

O Concello presentou o primeiro protocolo de actuación ante os axentes sociais. Calquera esforzo é pouco para loitar contra da violencia de xénero, unha secuela que só pode frear unha sociedade unida. Este é a mensaxe de fondo que onte se escoitou no Concello de Brión, onde a responsable de Servizos Sociais, Vitoria Varela, acompañada polo alcalde, Xosé Luís García, presentou o primeiro protocolo de actuación, para que todos os axentes implicados actúen de forma coordinada.

Como dato cabe resaltar que no últimos cinco anos detectáronse no municipio un total de 44 casos relacionados con este tipo de violencia.

A presentación do protocolo tivo lugar no auditorio do centro social polivalente de Pedrouzos, ante unha trintena de representantes de asociacións, institucións e entidades que participaron activamente na súa elaboración. Entre eles había membros das forzas de seguridade de Brión, da comunidade educativa, do centro médico, dos servizos sociais, do Xulgado de 1ª Instancia de Negreira,e das asociacións cidadás. Na súa intervención o alcalde brionés, o socialista Xosé Luís García, sinalou que "para porlle freo á violencia de xénero temos que colaborar todos xuntos".

Xosé Luís García | alcalde de brión | "Queremos que o protocolo sexa un instrumento de uso cotián para vos profesionais"
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion