versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Veciños de Brión apadriñan castiñeiros na área de lecer situada en Lamiño

[24/02/2011]

A asociación cultural e ambiental brionesa Ou Esquío non Piñeiro promoveu unha campaña para apadriñar árbores, concretamente castaños, que membros do colectivo plantaron cos seus propios medios, e co visto e prace do Concello, na área de lecer que o Concello está a acondicionar na zona de Lamiño, preto da ligazón coa autovía Santiago-Brión, que cando estea lista disporá dun parque infantil (que xa está terminado) unha pista de skate e un parque biosaludable para os maiores.

As árbores están plantados preto do campo de fútbol da localidade, unhas instalacións deportivas de recente construción xa que o anterior emprazamento do campo foi necesario para construír o instituto de secundaria de Pedrouzos.

A campaña ambiental converteuse nun acto de marcado carácter lúdico, xa que moitos destes padriños non plantaran nunca ningunha árbore. Pero para que a operación tivese éxito, un membro da asociación con coñecemento neste campo encargouse de supervisar a operación, que se fixo con ferramentas que cada participante trouxo do seu propio domicilio.

Concluída a tarefa, o grupo gozou dunha merenda para recuperar enerxía. A partir de agora, os padriños vixiarán e coidarán as súas árbores facendo un seguimento da súa evolución.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion