versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 17 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión aproba a contratación da xestión e as taxas da picina de Pedrouzos

[22/02/2011]

O pleno ordinario celebrado a semana pasada en Brión aprobou sacar a concurso a xestión da piscina municipal de Pedrouzos por un período de 10 anos e fixou os prezos que se pagarán polas entradas e abono da instalación. A proposta da alcaldía foi aprobada ccon os votos favorables de PSOE e BNG e a abstención do PP.

Así a piscina climatizada de Pedrouzos, cuxas obras finalizarán o próximo mes de marzo, será xestionada de modo indirecto a través dunha concesión. O pleno aprobou, ademais, o expediente para a convocatoria do procedemento aberto de contratacións e pregos de condicións, así como realizar o correspondente anuncio no Boletín Oficial dá Provincia. Para agiliar os trámites o Concello contratou un estudo que demostra a viabilidade deste tipo de xestión

Prezos máximos

No prego de condicións establécense as tarifas, que deberán ser respectados pola empresa á que se lle adxudique a xestión durante os anos 2011 e 2012. Os preciosd dos abonos son de 22 euros, a individual, de 28 a familiar e 17 euros, no reducido ou social, é dicir, o de menores de 18 anos, maiores de 65 e colectivos desfavorecidos. Ademais establécense unhas matrículas anuais polas mesmas contías no tres casos.

En canto ás entradas de acceso libre ás instalacións os prezos estipulados son: 3,8 euros (individual) e 2,7 euros (reducido ou social). Finalmente, no caso dos cursos que se organicen na piscina, os prezos máximos serán de 10 euros (iniciación), 15 euros (perfeccionamento), 20 (bebés), 6 (escolares) e 5 euros (aquagim e outros).
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion